Materias

mércores, 22 de abril de 2020

Boa tarde rapaces e rapazas, no menú da dereita tedes exercicios de repaso de ecuacións de matemáticas, para non esquecer o aprendido, dedicádelle un rato.

Ánimo!!

luns, 13 de abril de 2020

Harry Potter and the Philosopher's Stone | Year 1 (Full Movie)




Do you like Harry Potter?   Here is the full movie

En este enlace puedes ver la película completa en pequeños fragmentos. No pasa nada por no entender todo, lo importante es quedarse con ideas principales así como reconocer vocabulario y estructuras, sube el volumen para escuchar mejor la pronunciación de acento británico.

martes, 7 de abril de 2020

Hola a todos e todas, 
para os que non teñades impresora na casa ou vos sexa imposible imprimir o concello dispón dun servizo de impresión gratuito.
Para utilizar o servizo, deberanse enviar os arquivos a imprimir ao correo impresionslugo@gmail.com, xunto cun teléfono de contacto. Unha vez impresos os documentos, contactarase por teléfono para concertar a data de recollida dos documentos.





mércores, 1 de abril de 2020

Hola a todos e todas, espero que todo esté indo ben. Estos días tedes que ser máis responsables ca nunca xa que debedes organizarvos e ser constantes coas vosas rutinas. O meu consello é que sigades có horario que tiñades no insti traballando có que os mandan os profes máis facendo repasos do que xa traballastes na aula.

Esta situación é extraña para todos nós, a primeira vez que sucede algo así e polo tanto andamos bastante perdidos e incluso asustados, é normal. Aínda así temos que sacar forzas e seguir para adiante, porque todo volverá á normalidade e temos que estar en forma para retomar a vida cotiá, tanto as clases presenciais coma as actividades de lecer, sobre todo ao aire libre que tanto votamos de menos neste confinamento. 

Neste blog irei colgando actividades de repaso variadas e diferentes enlaces de páxinas e xogos que vos poden gustar, votade un ollo.

Gustaríame tamén recordarvos que as pantallas non son boas, e xa bastante as usades para estudar estes días, evitade xogar a videoxogos e ver demasiada TV.

Nobstante debedes comer san e facer algo de exercicio na casa, hai moitos vídeos de rutinas de yoga, zumba, abdominais, etc. en youtube , e lede, lede moito, libros en galego, castelán e inglés.Como xa sabedes o cerebro é un músculo que tamén precisa traballar. 

Espero volver a ter clase con todos vós moi pronto, apuntade os temas que queirades traballar. Tamén podedes poñervos en contacto comigo se queredes comentar dúbidas ou falar de calquer cousa, nesta dirección de correo electrónico: anniloma32@gmail.com

Pertas grandes virtuais e moito ánimo! 
Ana.