Materias

mércores, 1 de abril de 2020

Hola a todos e todas, espero que todo esté indo ben. Estos días tedes que ser máis responsables ca nunca xa que debedes organizarvos e ser constantes coas vosas rutinas. O meu consello é que sigades có horario que tiñades no insti traballando có que os mandan os profes máis facendo repasos do que xa traballastes na aula.

Esta situación é extraña para todos nós, a primeira vez que sucede algo así e polo tanto andamos bastante perdidos e incluso asustados, é normal. Aínda así temos que sacar forzas e seguir para adiante, porque todo volverá á normalidade e temos que estar en forma para retomar a vida cotiá, tanto as clases presenciais coma as actividades de lecer, sobre todo ao aire libre que tanto votamos de menos neste confinamento. 

Neste blog irei colgando actividades de repaso variadas e diferentes enlaces de páxinas e xogos que vos poden gustar, votade un ollo.

Gustaríame tamén recordarvos que as pantallas non son boas, e xa bastante as usades para estudar estes días, evitade xogar a videoxogos e ver demasiada TV.

Nobstante debedes comer san e facer algo de exercicio na casa, hai moitos vídeos de rutinas de yoga, zumba, abdominais, etc. en youtube , e lede, lede moito, libros en galego, castelán e inglés.Como xa sabedes o cerebro é un músculo que tamén precisa traballar. 

Espero volver a ter clase con todos vós moi pronto, apuntade os temas que queirades traballar. Tamén podedes poñervos en contacto comigo se queredes comentar dúbidas ou falar de calquer cousa, nesta dirección de correo electrónico: anniloma32@gmail.com

Pertas grandes virtuais e moito ánimo! 
Ana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario