Para todo o alumnado,
con algúns estiven estes días contactando vía telefónica e correo electrónico porque, ou non tiven noticias vosas de ningún tipo ou o/a profesor/a informoume de que tiñades cousas pendentes para entregar.
AVISO:
A todos e todas que tiñades algunha avaliación suspensa de calquera materia, entregade os traballos ou boletíns que se vos pide en Edixgal ou Aula Virtual (depende o/a profe), son doados de facer, só é poñerse e con paciencia as cousas van saíndo.
IMPORTANTE:
Escribídeme se precisades axuda (anniloma32@gmail.com)
Moito ánimo e a traballar que xa falta pouco para o verán!!
E a todos e todas que levades todo ao día:
CONGRATULATIONS!
As miñas felicitacións! Bo traballo! Así se fai! Well done!
Pertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario